Apoio unánime dos concellos da Mancomunidade de Ordes ante a creación dunha cooperativa do “grelo”
O pleno da Mancomunidade de Municicipios da Comarca de Ordes finalizou onte coa decisión unánime por parte dos sete alcaldes da zona de adherirse ao proxecto de constitución dunha cooperativa de cultivo, promoción e distribución de grelos. Unha idea dada a coñecer fai escasos días tras a xuntanza mantida entre o presidente da mancomunidade, Manuel Regos, con agricultores e membros doutras cooperativas similares e AGACA, entre outros.
Ao longo das vindeiras semanas cada Concello manterá un encontró cos interesados na que o técnico da Oficina de Fomento ao Cooperativismo explicará in situ as características, ventaxas e pasos a dar para poder constituirse baixo a fórmula cooperativista, e que ven suscitando un enorme interés dende que se fixera pública a nova. “É unha boa maneira de crear autoemprego e de promocionar un dos productos máis recoñecidos da nosa zoana” argumentou Manuel Regos, quen tamén solicitou “a aprobación e esforzó por psarte de todos para sacar adiante esta iniciativa que contribuirá positivamente á economía da nosa zona”.
Neste sentido tamén se acordou a posta en marcha dunhas xornadas de Fomento do Cooperativismo en cada un dos sete concellos da comarca, as cales incluirán charlas sectoriais e cursos on line para todos os interesados. Todo elo grazas á subvención aportada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais a través da Consellería Traballo e Benestar.
Por outra banda a Mancomunidade de Ordes decidiu optar ao Premio Coopera outorgado pola Consellería de Presidencia e Administracións Públicas e de Concretamente presentará o Curso de Habilidades Sociais e Desenvolvemento Persoal para Persoas con Discapacidade, desenvolvido nun inicio pola mesma mancomunidade e que na actualidade financia o Concello de Ordes. Un xeito de volver a outorgar a titularidade e responsabilidade compartida aos sete municipios para este curso no que preto dunha treintena de usuarios con distintos grados de diversidade funcional desenvolven actividades, coñecementos e comportamentos que suponen un avance nas súas actividades do día a día. Actualmente este curso ten lugar na aula adaptada situada no Mesón do Vento (Ordes).
Outro dos aspectos debatidos en pleno foi a adhesión á Rede de Dinamización Lingüística. Algo do que xa forman parte os concellos de Ordes, Oroso, Mesía e Cerceda e que se pretende ampliar ao conxunto da comarca. Un Entre as ventaxas que aoprtaría está a de poder optar a actividades e encontros culturais orientados a todo tipo de colectivos, e que teñen como denominador común a lingua galega. Neste sentido cabe lembrar a celebración, a partir do vindeiro martes 10 de setembro, dun curso de lingua galega para extranxeiros. A piques de rematar o prazo de inscrición, éste terá lugar no Concello de Ordes e será impartido pola axente de normalización lingüística da Mancomunidade.











