publicidade hoxe

Apoio institucional á Feira Tradicional dos Remedios de Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonteareas
A-
A+
A directora xeral de Comercio ea directora de Turismo de Galicia, visitaron os postos de artesanía da Feira Tradicional dos Remedios

A directora xeral de Comercio ea directora de Turismo de Galicia, visitaron os postos de artesanía da Feira Tradicional dos Remedios

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron no acto de inauguración da sétima edición da Feira Tradicional dos Remedios de Ponteareas, que a Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, apoia no marco da súa estratexia de impulso ao sector artesán galego. Na mostra, que se prolongará ao longo de todo o día, poderán visitarse 22 postos de produtos artesáns e alimentarios.

No acto inaugural, Vázquez Abeal resaltou o papel clave que xogan mostras como a de Ponteareas na recuperación e no fomento dos oficios tradicionais galegos. Neste sentido, subliñou a importancia das feiras de venda directa ao conformar puntos de encontro que permiten divulgar os oficios artesanais entre a sociedade, concienciar a poboación do valor da artesanía e favorecer a comercialización do produto artesán galego, ao tempo que incrementan a atracción turística da zona.

Ademais da exposición e venda dos produtos, completan o programa actividades demostracións de oficios como os latoeiros, os zoqueiros ou as palilleiras e actividades compleméntase con obradoiros artesáns, nos que pode participar o público visitante, animación musical e teatro de rúa.

O impulso á promoción e á comercialización da artesanía galega, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e da Dirección Xeral de Comercio, é un dos eixos da estratexia que está a desenvolver a a Xunta de Galicia a favor deste sector. Neste sentido, o Goberno galego asenta o seu respaldo ao sector artesán en tres piares: a aposta pola innovación e o deseño, fomentando a adaptación ás novas tendencias do mercado, a formación e especialización dos profesionais e a mellora da comercialización.

7 de setembro de 2013 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.