Apertura do prazo para recoller os vales de material escolar de educacion infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, informa que a partir de mañá día 25 de setembro e ata o día 14 de outubro, as persoas que teñen concedida a axuda de material educativo para educación infantil, poderán recoller o vale de 80€.

Os interesados en recoller o vale deberán acudir ás oficinas da Concellería de Educación, en horario de 9 a 13:30, e ubicada no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra 3º planta. Deberán presentar o DNI do solicitante e a certificación onde conste que o alumno ou alumna está matriculado para o curso 2013-2014 e a indicación do curso e centro docente.

Unha vez presentada a certificación, entregaráselle aos solicitantes un vale  para canxear por material educativo nas librerias, por un valor igual ao das axudas concedidas.

24 de setembro de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.