Apertura do prazo para inscribirse no curso de coidadores para persoas con familiares dependentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Traballo e Benestar,. a través do departamento de Servizos Sociais, organiza un obradoiro para formar a coidadores non profesionais de persoas que padecen algún tipo de dependencia. O curso conta cun total de 25 prazas, das cales 10 resérvanse para familiares de usuarios do servizo de Axuda No Fogar. As 15 restantes quedan abertas ao público en xeral coa única condición de que se ocupen habitualmente do coidado dunha persoa dependente. A participación é gratuíta e as inscricións poden realizarse dende hoxe e ata esgotar as prazas o no rexistro Xeral do Concello. O formulario pódese imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal, www.vilagarcia.es ou recoller en servizos Sociais.

O obradoiro de atención á persoas dependentes será impartido por persoal técnico e profesionais da empresa Clece, a concesionaria do servizo municipal de Axuda no Fogar. A organización non lle supón custe algún ao Concello, xa que o curso foi unha das melloras ofertadas por Clece na proposta que presentou no seu día para acceder ao contrato da concesión.

O obradoiro está dirixido a familiares de persoas con discapacidade ou dependentes ou a calquera coidador e non profesional que teña habitualmente ao seu cargo unha persoa con estas características. Dado que o curso está ligado os Servizo de Axuda no Fogar, a actividade ofertouse primeiro a familias de usuarios deste servizo que, independentemente das horas que reciben o atención dos persoal de Clece, encárganse de coidar aios seus familiares dependentes o resto do día.

No curso primarán os aspectos prácticos que teñen como obxectivo amosarlles aos coidadores non habituais as técnicas máis axeitadas para atender axeitadamente a persoas dependentes ou encamadas, a saber tratalos en función da súa enfermidade, a saber movelos para asealos ou mesmo a realizar con eles xogos ou prácticas que lles axuden a mantelos o máis activos mentalmente.

Ademais de saber coidar ao dependente, o curso tamén abordará como debe coidarse o coidador, xa que atención a unha persoa dependente, sobre todo si é un familiar co que se convive as 24 horas do día, pode repercutir negativamente tanto a nivel físico como psicolóxico no propio coidador. Por iso tamén se lles exporán aspectos como as posturas que deben manter para non lesionarse ao levantar ou mover aá persoa dependente, a necesidade dos respiros familiares, técnicas de relaxación ou mesmo como abordar o duelo pola perda dun ser querido.

O obradoiro tocaran outros temas de interese como o proceso de envellecemento e os cambios físicos, psicolóxicos e sociais que implica; os transtornos psicopatolóxicos asociados á vellez, a depresión do anciá, as demencias, o alzhéimer, a comunicación verbal e non verbal e as habilidades sociais, a estimulación da memoria, ou a alimentación na terceira idade.

18 de setembro de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.