Apertura do prazo para inscribirse na escola de atletismo de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

En colaboración co Concello de Ordes os clubes Atletismo Ordes e Atlética A Silva poñen en marcha a súa escola de atletismo de cara á tempada 2013-14. Concretamente tanto as clases como os adestramentos desenvolveranse dende o 1 de outubro deste ano ata o 19 de xuño de 2014 nas pistas de atletismo de Ordes ubicadas na Cidade Deportiva Vista Alegre.

Nesta ocasión haberá distintos niveis como son os de iniciación, cuxas clases desenvolveranse os martes de 17 a 18 horas e os xoves de 18 a 19 horas; avanzado, os martes de 18 a 19 horas e os xoves de 19 a 20 horas; e por último os veteráns, que adestrarán os martes entre as 20 e 21 horas, contando cun horario máis flexible para poder conciliar esta actividade co aspecto laboral. O responsable de impartir as clases e obter o máximo rendimento dos participantes será José Domínguez Caballero, adestrador da Federación Española de Atletismo e licenciado en Educación Física, quen tamén contará coa axuda e colaboración de monitores especializados. Tanto os rapaces como os veteráns poderán participar en competicións organizadas pola Xunta de Galicia como pola Federación Galega e Española de Atletismo.

Para elo é imprescindible cumplimentar a ficha de inscrición cos datos persoais ademais de ralizar o pago da cuota correspondente que ascende a 15 euros ao mes. Dito importe debe ser ingresado no número de conta: 2091  0037  78  3000089371 indicando o Nome do participante ademais de aclarar como concepto ‘Escola Atletismo’. Os interesados ou interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 26 de setembro para entregar toda a documentación no Concello de Ordes, ou ben a través do correo electrónico jdcaballero@edu.xunta.es.

18 de setembro de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.