Apertura do prazo para as inscricións nas actividades deportivas de adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia publicará mañá martes o acordo de modificación da Ordenanza nº 17 reguladora dos prezos públicos pola utilización das instalacións deportivas que recolle novos descontos para o carné da Fundación Municpal de Deportes. Cumprido ese trámite legal, a Fundación abre o mércores, 18 de setembro, o prazo de renovación e obtención do carné, así como a inscrición nas actividades deportivas para adultos.

Os maiores de 16 anos contan este ano coas mesmas actividades deportivas que o curso anterior. Poden optar a oito modalidades deportivas diferentes. Son xinnasia de mantemento, ximnasia acuática, ximnasia funcional, bádminton, aerobic, tai chi e pilates. Como se ven facendo dende hai anos, as sesións impartiranse en diferentes horarios nas instalacións municipais de Fontecarmoa, Carril, Castelao, Fexdega e os colexios de O Piñeiriño e A Escardia. As actividades acuáticas realizaranse na piscina municipal. Con esta diversificación preténdese achegar a oferta a diferentes puntos do municipio e facilitar a aasistencia aos usuarios de tódalas zonas.

Este novo curso entran en vigor os descontos aprobados hai uns meses polo Consello reitor da Fundación. Según este acordo, as bonificacións aplicaranse ao carné familiar e ao individual, ademais de manterse os prezos especiais dos carnés xoven e para maiores de 65 anos.

A estes descontos poderán optar as familias con menores ingresos, as persoas en paro e colectivos especiais, como os de minusválidos. Con estas medidas a Fundación pretende continuar fomentando a práctica de deporte entre os vilagarciáns, intentando que o prezo non sexa un obstáculo para que así sexa.

Así, o carné familiar terá un prezo anual de 60 euros, mentres que o bonificado será de 50. O carne individual sénior custará 45 euros, mentres que o bonificado obterase por 30. Ademais, mantense o carné xóven por 30 euros por ano, cantidade similar que custará a tarxeta para menores de idades e tamén para maiores de 65 anos.

16 de setembro de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.