Apertura do prazo de matrícula para os servizos de comedor e de madrugadores

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores. O pasado 15 de xullo de 2013 publicouse a listaxe de persoas admitidas e de excluídas nesta web e no taboleiro de anuncios municipal. Tamén se indicaba que logo de adxudicado o servizo, o alumnado admitido formalizaría a matrícula a primeiros de setembro.

As solicitudes novas que se presentaron despois da anterior publicación están incluídas na listaxe que agora se publica tamén nesta web e no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago.

Malia non ter concluído o procedemento administrativo de licitación do servizo de comedor e madrugadores, para a información xeral das familias solicitantes comunícase que:

1º- Todas as solicitudes presentadas están admitidas, de acordo coa listaxe que se publica.

2º- Para a formalización da matrícula é necesario que acheguen a seguinte documentación:

– Dúas fotografías de tamaño carné
– Unha fotocopia da tarxeta sanitaria
– O Impreso de domiciliación bancaria, de non telo presentado coa solicitude de pre-inscrición

A documentación entregarase en sobre pechado, no Departamento de Educación (Edificio CERSIA, na Avda. Alcalde Raimundo López Pol, s/n),en horario de 9 h a 14 h. Tamén poderá presentarse nos centros educativos, indicando os seguintes datos:

– Apelidos e nome da/o alumna/o
– Centro educativo no que estuda
– Curso escolar

O prazo de presentación será desde o 4 ata o 11 de setembro de 2013.

3 de setembro de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.