Apertura do período de inscrición na Escola Municipal de Música e Danza
Abriuse o prazo de inscrición da Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Monforte de Lemos. As persoas interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00h, ou en horario de tarde entre as 17:00h e as 19:00h.
No presente curso ofértanse as seguintes especialidades en música e danza:
Música
– Percusión (batería, percusión latina)
– Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro).
– Teclado e Acordeón
– Guitarra española, Guitarra eléctrica, Laúde, Bandurria
– Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón.
– Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba
En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos que se organicen na escola.
Danza
– Danza tradicional Galega (todas as idades)
– Danza moderna (a partir de 10 anos)
– Ballet clásico (a partir de 7 anos)
– Hip Hop – nenos (de 5 a 9 anos)
– Baile de Salón (adultos)
A proposta das especialidades de baile de salón, ballet clásico, danza moderna e hip hop-nenos, queda supeditada a que haxa un número suficiente de alumnado inscrito para a súa impartición neste curso na escola. Establécese un mínimo de 15 alumnos en cada disciplina.
Nas distintas especialidades de danza, á parte das clases convencionais, poderase participar en eventos culturais cos distintos grupos que se formen.
Dende o concello, con estas novas especialidades tentarase incrementar a oferta no apartado de danza, quedando unha oferta ampla e variada para escola, tanto en música como en danza.











