Apertura da mostra “Mesturas” na Casa Museo María Pita
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura, informa de que, durante todo o mes de setembro, se pode visitar a exposición Mesturas na casa museo María Pita.
Nesta exposición de Fina Maroño, pódense visualizar unha serie de pinturas ao óleo que abranguen todo tipo de contidos: a paisaxe, a natureza morta, mariñas, bodegóns e abstractos nos que predomina o colorido. Dende os inicios á actualidade, podemos apreciar unha evolución mediante a mestura de estilos e texturas obtendo dese modo un realismo innovador cheo de forza e cor. A mostra pódese ver ,de martes a sábado, de 10.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 20.00 horas; e os domingos e festivos de 10.30 a 14.00 horas.











