Ante a previsión de chuvia, aplázase para o día 5 o anelamento de aves
A Concellaría de Medio Ambiente Natural, logo de consultar as previsións meteorolóxicas para mañá, acordou deixar a súa primeira actividade de outono do programa Sínte Pontevedra, o anelamento de aves na Xunqueira da Gándara, para o vindeiro sábado, 5 de outubro, ás 09.30 horas, dende o cartel do medio da xunqueira.
O anelamento é unha actividade teórico-práctica sobre o anelamento científico de aves silvestres, a relación das aves co medio no que viven e diferentes tipos de hábitats no Enil Xunqueira de Alba en Pontevedra.
As persoas que participen nesta actividade poderán ver como se realiza un anelamento científico de aves silvestres, dende os métodos de captura ata a toma de datos e posterior posta en liberdade.
A Concellaría oferta 25 prazas cunha inscrición de balde pero é preciso inscribirse nas oficinas municipais de Medio Ambiente Natural,
situadas na rúa Churruchaos, ou ben chamando ao número 986 80 43 00 ext 7584 ou no correo electrónico medionatural@pontevedra.eu











