Ansias dun novo campamento de verán

Participante no campamento
Todos os nenos do Carballiño que acudiron ao campamento de verán organizado polas áreas de Educación e Cultura, coincidiron nun desexo “queremos volver ao campamento, e se pode ser xa mellor”. Así llelo dixeron aos responsables desta actividade, Lucete Lecer, que a cambio lles obsequiaron cunha montaxe fotográfica de todas as actividades e experiencias vividas durante esa semana en Porto do Son.
Os pais e nais que asistiron a esta reunión resumo do campamento aseguraron que a experiencia para os seus fillos fora estupenda, e que todos regresaron con ganas de repetir. Pola súa banda o alcalde e os edís Piar Caride e Rodrigo González, animaron para que o próximo verán fosen máis os nenos que participaran e sodes vós os que tedes que contar aos vosos compañeiros o ben que os pasastes, para que se animen eles tamén,”.











