Andaina saudable ao Trilho Monte do Carvalho
Este sábado, 14 de setembro, reanúdase o programa de andainas saudables da Eurocidade 2013, co “Trilho do Monte do Carvalho” en Valença, organizada pola Eurocidade Tui-Valença.
Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Silva (Valença), tendo un percorrido de 10 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade fácil. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.45 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.
Puntos de encontro:
– Ás 10.00 horas españolas na Igrexa Matriz de Silva
– Ás 09.45 horas españolas no parquing do Lidl de Valença











