Amplíase o prazo de inscrición para o curso de Community Manager

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán informa da ampliación do prazo de inscrición para o curso de Community Manager até o vindeiro xoves 5 de setembro. O curso de formación gratuíta impartirase entre o 23 de setembro e o 10 de outubro, cunha duración de 40 horas, nas instalacións municipais do Centro Antena, en horario de 17.00 a 20.00 horas.

As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro,  no Departamento de Emprego de Nigrán, e na páxina web deste concello www.nigran.org.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Emprego, no 986 365 000 – extensión 4, co Centro Antena Municipal, no 986 366 572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org e centroantena@nigran.org

3 de setembro de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.