Amancio Prada será a actuación estrela na inauguración do Castro Tecnolóxico de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLalínLocalLocal Portada
A-
A+

O presidente da Xunta de Galicia inaugurará, oficialmente,  o novo consistorio de Lalín este venres 20 de setembro. Aínda que as instalacións e os departamentos que se atopan no Castro Tecnolóxico levan en funcionamento preto de dous anos, e agora, con motivo dos festexos patronais das Dores que se realizará o simbólico acto de inauguración.

Os actos oficiais iniciaranse ás 20.00 h. co descubrimento dunha placa conmemorativa. Posteriormente procederase á bendición do inmoble e a gardar un minuto de silencio por un dos arquitectos da obra falecido o pasado ano, Luis Mansilla. Despois, Amancio Prada ofrecerá un concerto solista no vestíbulo principal ao que seguirá a música de Odaiko que contará coa colaboración do gaiteiro Anxo Lorenzo para finalizar os actos co grupo tradicional A Carballeira de Cercio.

17 de setembro de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.