publicidade hoxe

Almeiras celebra o seu primeiro torneo de dardos con fins benéficos en Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoDeportesLocal
A-
A+

O Centro Cultural de Almeiras, a través do Club de Dardos en colaboración co Concello de Culleredo, organiza este sábado 28 un evento moi especial, con carácter solidario. Trátase do I Torneo de Dardos Punta de Acero, en favor da Asociación Coruñesa de Promoción do Xordo.

Terá lugar no polideportivo municipal de Almeiras a partir das 16.30 horas. As inscricións na competición finalizarán media hora antes, ás 16.00 horas. A inscrición ten unha aportación de 20 euros, que inclúe o churrasco que se preparará no evento. A ración para o público en xeral será de 7 euros. Tamén haberá bochinche a prezos económicos. O método do torneo será a parellas cegas con cabeza de serie a dobre KO.

26 de setembro de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.