Allariz acolle esta fin de semana o XI Mercado de Artesanía

Presentación do XI Mercado de Artesanía
O Mercado de Artesanía, ARTE DE MAN, nace no ano 2003 co obxectivo de promocionar o traballo de diferentes profesionais artesáns, ademais de realizar unha actividade mercantil.
Por este motivo o Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns de Allariz organizan este ano o XI Mercado de Artesanía, celebrado como tódolos anos a segunda fin de semana de setembro no Casco Histórico de Allariz. Contarase coa participación de diversos artesáns locais así como outros profesionais convidados.
Na mostra poderán observarse traballos de artesanía elaborados en coiro, cerámica, esmalte e téxtil. Dito mercado terá lugar na Praza Maior e Praza de Abaixo o domingo 8 de setembro. Este mercado coincidirá co IV Encontro de cesteiros que se desenvolverá durante a fin de semana, do sábado 7 ao domingo 8 de setembro.











