AJE organiza unha charla para asesorar a pemes nas axudas para comercio electrónico
A sede da Asociación de Mozos Empresarios, AJE-Galicia, acollerá mañá 19 de setembro unha sesión informativa sobre axudas a pemes para que melloren o seu negocio a través de internet. Trátase do Programa de Mentoring en Comercio Electrónico da institución pública Red.es, que concede unha subvención de 30.000 euros a fondo perdido.
Onde: AJE. Príncipe, 53
Cando: 19 de setembro. 19.30.











