AJE Galicia organiza unha charla co expiloto Ricardo Suárez na que explicará as claves do éxito da súa empresa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedraProvinciasVigo
A-
A+

A Asociación de Mozos Empresarios, AJE-Galicia, organiza mañá, 25 de setembro, unha charla na que o expiloto Ricardo Suárez, subcampión de España de motociclismo, contará como logrou que Rodamoto teña clientes en 25 países e se convertese nunha empresa líder na venda online de pneumáticos.

Suárez contará a súa experiencia empresarial dentro do ciclo Así fágoo eu, iniciativa organizada por AJE onde un empresario ou emprendedor comparte as claves do seu éxito.

Esta actividade desenvolverase mañá, 12 de setembro, ás 19.00 h. na sede de AJE Galicia (Príncipe 53, 1º Oficinas 1-2).

24 de setembro de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.