Aínda quedan prazas para a viaxe a La Rioja organizado por Benestar Social
A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través da Axencia de Viaxes PONTETUR S.L.:XG-297 , organiza unha excursión-viaxe para maiores de 55 anos a La Rioja.
A data desta viaxe, será o vindeiro día 21 de Outubro e constará de 5 días, de luns a venres.
O prezo, de 335 € por persoa, inclúe hotel de tres estrelas no centro de Logroño, pensión completa, bebidas , guía acompañante, guía local oficial en Nájera e Logroño, e Santo Domingo de la Calzada, entradas en bodegas de viño da Denominación de Orixe Rioja e seguro de asistencia.
As persoas interesadas en reservar praza deberán facelo antes do 27 DE SETEMBRO. Máis información no Departamento de Benestar Social, sito na Casa da Cultura.











