Afeccións no tráfico por melloras viarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público, que dirixe Begoña Freire, informa da afección ao tráfico que se producirá, dende mañá martes 10 e ata o próximo venres 20 de setembro, con motivo das obras de canalización e pavimentación en Joaquín Planells. En horario de 8.30 a 18.30 horas, producirase un corte parcial de tráfico en Joaquín Planells dende Salgado Torres ata Joaquín Cotarelo. Mantense o tráfico de saída da cidade, en dirección á Glorieta Eduardo Diz e córtase o tráfico de entrada á cidade, desviándose dende a glorieta Eduardo Diz pola avenida de Arteixo – Rolda de Outeiro.

Infraestruturas

Por outra banda, a Concellaría de Medio, Territorio e Infraestruturas, que dirixe Martín Fernández Prado, informa do inicio de obras na praza de María Pita. Dende hoxe, luns 9 de setembro, realizaranse traballos de reparación das lousas de pedra deterioradas deste espazo. O prazo de execución previsto é de cinco días.

9 de setembro de 2013 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.