Afasal celebra unha velada musical solidaria con zarzuela, ópera e música de corda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afasal) en colaboración coas concellerías de Cultura e Servizos Sociais, organiza unha velada musical solidaria para conmemorar o día Mundial do Alzhéimer. A gala centrarase este ano en xéneros como a zarzuela, a ópera e a música melódica, así como es música de corda. Celebrarase mañá sábado, 21 de setembro a partir das 21.00 horas no Auditorio e a recadación pola venta de entradas destinarase a financiar os programas que presta a asociación. O prezo é de 5 euros.

Na gala actuarán Sonia Bouzada, mezzosoprano cunha gran bagaxe nos escenarios; a soprano carillexa Loli Crespo; a xoven soprano Beatriz Vázquez; o barítono Emilio Gulín e o seu fillo, Iván, tenor. Ademais contarase co acompañamento do pianista Miguel Costas e coa actuación da Orquestra de Pulso e Púa “Arousa” que tocará acompañada dun coro masculino de voces graves “Amigos da Música” composto por 20 voces e que dirixe José Luis Prado.

As entradas pódense comprar na billeteira do Auditorio a partir do xoves 19 de setembro en horario de 17 a 20 horas

20 de setembro de 2013 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.