AFAL Ferrolterra recolecta a pé de rúa con motivo do Día Mundial do Alzheimer
AFAL Ferrolterra realizou varias colectas en distintos puntos da cidade de Ferrol; esta actividade inclúese no marco da programación de actos deseñada pola asociación para conmemorar, o próximo 21 de setembro, o Día Mundial do Alzheimer. Unha programación que continuará este venres coa tradicional Cea Solidaria. Nesta ocasión, no restaurante do Hotel Almirante de Ferrol, a partir das 21,30 horas. O prazo para anotarse a esta conclúe mañá xoves, 19 de setembro, e tan só é necesario acudir á sede da asociación (cale Río Castro, 43-45, baixo Ferrol) ou chamar ao teléfono 981 37 06 92.











