AFAL celebra o seu sexto aniversario conmemorando o Día Mundial do Alzheimer

Actividades de pintura
A celebración do sexto aniversario do Centro de Día Terapéutico de AFAL Ferrolterra celebrada esta tarde forma parte dos actos organizados pola asociación para conmemorar durante este mes o Día Mundial do Alzheimer. Nesta ocasión, o equipo do Centro compartiu unha tarde moi especial cos maiores e os seus familiares. Dende primeira hora, os usuarios, xunto aos seus netos, cónxuxes ou fillos iniciaron baixo a supervisión da pintora María Porto un cadro ao óleo e, a continuación, gozaron dunha merenda. Sobre as seis e antes de que o cantante Joselo interpretase os seus mellores temas, AFAL, a través dunha das súas usuarias, fixo entrega a unha representación de Cabanas Rural Asociación de Mulleres dun bonito ramo de flores. Con el querían agradecer a súa colaboración permanente. Por parte da asociación fíxose entrega ao centro dun cheque coa recadación da Tarde Solidaria organizada en xuño en Lavandeira. Unha colaboración económica para a actividade de AFAL.











