Afaga conmemora o día Mundial do Alzheimer en Castrelos

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Vigo ▼
A-
A+

O alcalde de Vigo e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, acompañados pola concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, presentaron hoxe mércores os actos do Día Mundial do Alzheimer, que se organizará o sábado 21 de setembro no parque de Castrelos. Tal e como explicou Caballero en rolda de prensa, a xornada festiva, que comezará ás 11,30 horas e rematará en torno as 19,00 horas, incluirá xogos, obradoiros, bailes e música, entre outras actividades.

O obxectivo da Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia é reunir a familiares, persoas enfermas e usuarios dos centros e outras asociacións para sensibilizar, visibilizar e apoiar ao colectivo de afectados. Nesta edición, ademais, rendirase homenaxe aos voluntarios que colaboran coa asociación.

Como actividade paralela, Afaga organiza mañá xoves a conferencia “Alzheimer Positivo, un novo enfoque sobre a enfermidade”, impartida polo doutor Miguel Gallego, diplomado en Xeriatría e Experto en Cronicidade, y o doutor José Ramón Lorenzo, xefe do Servizo de Neuroloxía de Povisa. Acita será no Auditorio Municipal do Areal ás 19,30 horas

18 de setembro de 2013 | 15:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.