Adxudicouse o remate das obras das vivendas de promoción pública do barrio ourensán de Covadonga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurenseOurenseProvincias
A-
A+

O Instituto Galego da Vivenda e Solo investirá 2.724.590 euros no remate da construción de 52 vivendas de promoción pública no barrio ourensán de Covadonga, unha vez que as obras foron adxudicadas á empresa Proyecon Galicia, S.A., cun prazo de execución de oito meses a contar dende o inicio das mesmas.

O remate da construción das vivendas de Covadonga foi licitado no pasado mes de maio e foron trinta e seis as empresas que presentaron as súas ofertas.

A construción das 52 vivendas de promoción pública iniciouse en xuño de 2009, pero o contrato coa adxudicataria rescindiuse ante o retraso acumulado na execución da obra, cuxo remate se licitou en maio. Estímase que o prazo necesario para o remate é de oito meses, a contar dende o inicio das obras, prazo que se inclúe nas bases da licitación.

Na actualidade os edificios de vivendas teñen rematada a estrutura, os cerramentos exteriores e as carpinterías exteriores. No interior están pendentes de remate os encontros dos tabiques coa carpintería, así como o chan e a carpintería interior. Están rematados os alicatados de baños e cociñas e parcialmente executadas as instalacións (eléctrica, fontanería, etc.). A porcentaxe de execución da obra é de aproximadamente o 67 por cento.

7 de setembro de 2013 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.