Actos incluidos na Semana Europea da Movilidade 2013 na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Begoña Freire, informa dos actos incluídos na Semana Europea da Mobilidade 2013:

A CORUÑA: SOSTIBLE E SEGURA. PARTICIPA NO PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible)

Exposición sobre a SEM’13 e o PMUS. Os asistentes poderán participar na elaboración deste Plan e coñecer as claves para moverse pola cidade de xeito seguro.
Do 16 ao 22 de setembro no Obelisco.

CAMIÑA CORUÑA

Percorridos a pé entre os barrios e o centro da cidade. Coñece os tempos de cada traxecto, identifica as mellores rutas e axuda a construír os mapas metrominuto da túa cidade.
Día 18 de setembro. Elviña – Obelisco. Saída ás 18:30 horas dende Mercado de Elviña. Inscríbete
Día 20 de setembro. Vos Castros – Obelisco. Saída ás 18:30 horas dende o Parque de San Diego. Inscríbete
Inscrición en www.coruna.es/pmus ou no punto de saída, suxeita a dispoñibilidade de prazas.

A participación ten premio:
1.- Todo participante recibirá unha tarxeta con 20 viaxes gratuítas en autobús urbano.
2.- Entra no sorteo dunha bicicleta pregable a celebrar durante a festa Dale “aire á túa cidade”

PEDALEA CORUÑA

Percorridos guiados en bicicleta para maiores de 16 anos. Os participantes poderedes utilizar a vosa propia bicicleta ou utilizar as de Bicicoruña e contaredes co apoio e a participación de monitores especializados. Coñece os tempos de cada traxecto e axuda a construír os mapas metrobici na Coruña.

Día 19 de setembro. Matogrande – Obelisco. Saída dende a estación de Bicicoruña en c/ Enrique Mariñas ás 18:30 horas. Inscríbete
Día 21 de setembro. Estación FFCC – Obelisco. Saída dende a estación de Bicicoruña situada fronte á estación de ferrocarril de San Cristóbal ás 12 horas. Inscrición en www.coruna.es/pmus ou no punto de saída, suxeita a dispoñibilidade de prazas.

A participación ten premio:
1.- Todo participante recibirá unha tarxeta con 20 viaxes gratuítas en autobús urbano.
2.- Entra no sorteo dunha bicicleta pregable a celebrar durante a festa Dale “aire á túa cidade”

EN BUSCA DOS BOS PEÓNS

Es un peón responsable? Cumpres as normas e contribúes a mellorar a mobilidade e a convivencia na cidade? Mira ao teu arredor, quizais teñas un premio polo teu comportamento cívico…El horario é de 17:00 a 20:00 horas. Situacións:

Día 18 de setembro. Zona Catro Camiños. Novo cruzamento semafórico fronte a Torre Esmeralda.
Día 19 de setembro: Cruzamento Rolda de Outeiro á altura da rúa Barcelona.
Día 20 de setembro: Avenida de Monelos. Primeiro, segundo e terceiro semáforo.
Día 21 de setembro: Praza de Mina.

CONCURSOS DE VÍDEO E FOTOGRAFÍA

A través o perfil de Facebook do PMUS (www.facebook.com/pmusacoruna) convocarase un concurso de micro-vídeos e outro de fotografía que terán como temática as actividades da SEM’13 e a proposta de ideas para mellorar a mobilidade na Coruña.

A túa participación ten premio:
1.- Todo participante recibirá unha tarxeta con 20 viaxes gratuítas en autobús urbano.
2.- Entra no sorteo dunha bicicleta pregable a celebrar durante a festa Dale “aire á túa cidade”

FESTA DÁLLE AIRE Á TÚA CIDADE

Festa final da SEM’13, cun circuíto educativo de seguridade vial, un simulador de condución, talleres de pintura e xogos para nenos, música, entrega de premios e moitas cousas máis. Día 21 de setembro, na Praza de María Pita. De 11 a 18 horas.

17 de setembro de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.