Acondicionouse a área recreativa da a Freixa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonteareas
A-
A+
Visitando a senda de acceso á área recreativa de A Freixa

Visitando a senda de acceso á área recreativa de A Freixa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, visitou a senda de acceso á área recreativa de A Freixa realizada polo concello de Ponteareas grazas ás axudas aportadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aos concellos situados dentro da Rede Natura.

Os traballos de mellora e acondicionamento deste acceso á área recreativa de A Freixa permitiron facilitar a accesibilidade a persoas e colectivos con mobilidade reducida, “permitindo así que todos os veciños que o desexen poidan acercarse a disfrutar deste entorno”, explicou o rexedor quen asegurou que “para nós, A Freixa é unha zona prioritaria polo que seguiremos a traballar e a apostar pola súa proxección e conservación”.

O proxecto tivo un orzamento de 19.000 euros e foi financiado a través das axudas destinadas a concellos da Rede Natura, que segundo apuntou Cores Tourís, veñen a ratificar “o compromiso do Goberno galego coa conservación, coa protección e coa mellora dos parques naturais en Galicia e, en concreto, na provincia de Pontevedra, unha das que conta con maior número de concellos acollidos a estas axudas, en concreto, 33, que recibiron un total de case 638.000 euros”.

Segundo explicou, estas subvencións destináronse a tarefas de mellora da paisaxe, como a limpeza, restauración e sinalización de camiños e espazos recreativos; a manter as condicións ambientais e favorecer a recuperación de especies en zonas de Rede Natura 2000; e a recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais, como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos.

“O obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é dar resposta a estes obxectivos fomentando e aumentando o papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras”, engadiu Cores Tourís, quen matizou que “estas actuacións están dirixidas”, asegurou Cores Tourís, “a contribuír a biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que compre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia”.

Neste senso, Cores Tourís destacou que dende a administración autonómica continuarase a perseverar no coidado da natureza. “Queremos aproveitar o atractivo económico e turístico que hai detrás da conservación da natureza. Esta é a nosa meta, ordenar e mellorar o noso entorno”.

15 de setembro de 2013 | 00:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.