Acondicionamento dos centros escolares de Poio
O Concello de Poio, a través da concellaría de educación acometeu diversos traballos de limpeza e acondicionamento de todos os centros educativos do municipio. Na mesma liña de todos os anos, o goberno local procedeu á posta a punto de todos os centros escolares coa finalidade de garanter o bo estado dos espazos e do seu entorno.
Ademais da limpeza xeral, realizouse a revisión e obras de mantemento das instalacións de fontanería, carpintería, electricidade, ferraxería e pintura, así como de ventanais e persianas. Asemade, desbrozáronse e acondicionáronse as zonas axardinadas dos 5 CEIPs e dos centros de educación infantil de Tarrío, Sartal e Vao. Neste último tamén se procedeu á reubicación do parque infantil a un terreo contiguo e máis axeitado para o esparcemento dos nenos e nenas durante o recreo. En todos eles se revisaron os peches e a perimetraxe dos parques infantís e renovouse a area dos areeiros.
No pavillón de Lourido, realizouse unha limpeza xeral e posta a punto antes do comezo do curso escolar. No IES, tal como se ven facendo antes do inicio do curso, desbrozouse, podouse e acondicionouse as zonas axardinadas do entorno do instituto.
Foi necesario ademais realizar obras de albanelería nos CEIPs de Isidora Riestra e Chancelas, onde houbo que desdobrar a aula de 1º de infantil, no primeiro caso, e de 1º de primaria no segundo, debido ao aumento do alumnado deses cursos. Malia que estas obras deberían ser asumidas pola Consellaría de Educación, xa que son da súa competencia, a Consellaría comunicou aos centros a súa negativa a facerse cargo das obras para acoller a máis alumnos, ainda que autorizaba o desdobramento dos cursos.
Ante a necesidade de aumentar o número de prazas, a concellaría de educación do Concello de Poio asumiu a realización destas obras.
Malia ás peticións de entrevista que desde a concellaría de educación se cursaron ao Xefe Territorial da Consellaría de Educación, durante todo o curso 2012 / 2013 non se concedeu reunión ningunha. No entanto, o Xefe Territorial mantivo no último trimestre do curso pasado unha xuntanza cos representantes das ANPAs dos CEIPs de Poio, trala que o persoal da unidade técnica visitou os centros para revisar o seu estado, e tomar nota das deficiencias. Pese a que son competencia da consellaría de educación da Xunta de Galicia, a día de hoxe non foron solventadas pola administración autonómica.
A Consellaría de Educación continuará neste curso escolar reiterando a petición de entrevista co xefe territorial, xa que o Concello de Poio merede o mesmo trato e consideración que os demais concellos da provincia, e reclamendo que a consellaría de educación asuma as obras e melloras que son da súa competencia.











