Acométense melloras na área infantil da praza de España
A Concellaría de Medio, dentro do seu plan de melloras e modernización das áreas de xogos da cidade, empezou as obras de remodelación do parque infantil da praza de España. O departamento municipal que dirixe Enrique Salvador inviste 35.133 euros nesta actuación, cun prazo de execución de 20 días.
O Goberno local executa esta remodelación para axustar a área infantil da praza de España á normativa vixente e ampliar a instalación para atender a demanda dos veciños. As obras lévanse a cabo nas dúas zonas de xogos existentes no parque. Medio retirará os xogos xiratorios, que se encontran bastante deteriorados, para colocar dous bambáns e un multixogo de trepa. O obxectivo é que o parque, que se axustará á normativa vixente, poida ser usado por máis nenos.
O proxecto tamén inclúe cambiar o chan de jabre por un pavimento de caucho que cumpra a normativa de seguridade e recolocar un dos bambáns na zona situada ao lado dos xogos xiratorios. O Concello inviste nestas obras 35.133 euros e axilizará o prazo de execución, pois a previsión é que estean rematadas en 20 días.
A remodelación da área infantil da praza de España súmase a outros proxectos de similares características realizados polo departamento de Medio para mellorar os xogos. Así, dentro do plan de modernización de áreas infantís enmárcanse as obras realizadas na praza Juan Naya, no parque de Santa Margarita e Padre Rubinos. Entre estas catro actuacións, o Concello coruñés investirá 300.000 euros.











