Accións Formativas Para Persoas Desempregadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

O Concello de Fene ofrece unha oferta formativa que se completa con accións formativas para desempregados que se están a desenvolver conxuntamente co Concello Cabanas e en colaboración da Xunta de Galicia enfocado a busca de emprego con Novas Tecnoloxías , o Curso de Montador de Estruturas Metálicas a través do _Red Xiana con apoio da Deputación da Coruña e en breve o Obradoiro de Empleo conxuntamente co Concello de Ares coas especialidades de albanelaría e de pesca litoral de 6 meses de duración con apoio da Xunta de Galicia. Tamén en breve se inciarán cursos de Prevención de Riscos enfocados ao mundo forestal e tamén con apoio da Xunta.

Accións Formativas Para Persoas Desempregadas

Aberto prazo de solicitude de matrícula: do 2 a 16 de setembro ambos inclusive.

Os PCPI-AFD son unha alternativa formativa para persoas desempregadas maiores de 16 anos encamiñada á aprendiaxe dun oficio e á procura dun emprego.

Os oficios que se poden aprender nesta convocatoria 2013/2014 son os seguintes:

– Restaurante e bar

– Carpintería

– Limpeza de Inmobles

– Panadería – Pastelería

– Comercio (reposición)

– Comercio (alimentación)

– Comercio (almacenaxe)

– Asistencia en Actiividades e en Instalacións Deportivas

Documentación a presentar:

– Solicitude de admisión

– Fotocopia de tarxeta de demendante de emprego

– Fotocopia de DNI

– Tarxeta sanitaria

– 2 fotos tamaño carné

– Certificación bancaria a nome da persoa solicitante

A documentación entregarase nas secretarías dos institutos participantes.

13 de setembro de 2013 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.