Ábrese o prazo para solicitar espazos no Pazo dos Deportes da Deputación de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseProvincias
A-
A+

O Pazo dos Deportes “Paco Paz” da Deputación de Ourense informa os clubes deportivos, federacións e demais usuarios que ata o vindeiro 20 de setembro está aberto o prazo para solicitar o uso dos distintos espazos da instalación para adestramentos e partidos oficiais para a tempada deportiva 2013-2014.

Os interesados deberán cumprimentar a solicitude oficial que está a súa disposición nas oficinas do Pazo dos Deportes e na páxina web: www.pazopacopaz.es. Unha vez rematado o prazo procederase á adxudicación das horas en función das dispoñibilidades existentes e das prioridades que figuran no Regulamento de Uso da instalación.

5 de setembro de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.