Ábrese o prazo para solicitar as axudas para adquisición de libros e material escolar
A área de Educación que dirixe a edil Piar Caride do concello do Carballiño conta xa coas bases para solicitar as axudas para libros e material escolar para o presente curso 2013/14. Os interesados deberán cumprir os requisitos marcados nas bases como o de estar empadroados no Carballiño, cun mínimo de antigüidade dun ano, estar matriculados en centros de ensino públicos ou concertados, en educación infantil ou bacharelato e non repitan curso; tamén se marca un mínimo de renda para poder acceder a estas axudas.
Todos os requisitos poderán revisarse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no número 221, do mércores 25 de setembro de 2013. O prazo para solicitar estas axudas finalizará o próximo 11 de outubro. Poderán solicitalas na área de Educación do concello do Carballiño, situado na segunda planta da Casa Consistorial.











