Ábrese o prazo de inscrición das Merendas no Aquarium Finisterrae
O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o luns, 30 de setembro, se abre o prazo de inscrición para as novas sesións da actividade infantil Meriendas no Aquarium Finisterrae, que comezarán o 12 de outubro e desenvolveranse os sábados ás 16.45 horas.
Pensadas para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, tras realizaruna actividade, merendarán chocolate con churros na cantina do acuario. Nesta ocasión os participantes de maior idade desenvolverán receitas de cociña con peixe recomendado na campaña europea Elige o peixe correcto (liderada en España polo Aquarium Finisterrae) da man de cociñeiras especializadas en actividades educativas. Os máis pequenos participarán nun cuentacuentos relacionado co mar e os seres mariños.
Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando, dende o luns, 30 de setembro, ao teléfono 981 189 842 a partir das 08.30 horas. Cada neno deberá aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá un convite para merendar. A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta 20.











