Aberto o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música de Ordes
O vindeiro 25 de setembro rematará o prazo para poder inscribirse nalgunha das clases que a Escola Municipal de Música do Concello de Ordes ten previstas de cara a este curso. Concretamente impartiranse clases de solfeos guitarra, piano, trompeta, clarinete, saxofón, oboe, frauta, batería-percusión, trombón, tuba e bombardino.
Dado que as clases de instrumentos son limitadas as prazas serán outorgadas por rigurosa orde de inscrición. Para elo os interesados deberán acudir de 9 a 14 horas ao Departamento de Educación, ubicado no primeiro andar do consistorio. Para solicitar calquer tipo de información ao respecto poden chamar ao teléfono 981 680 002 (Extensión 4).











