Aberto o prazo de inscrición para participar na Marcha a pé Terras de Cedeira
As persoas interesadas en participar na cuarta edición da Marcha a Pé Terras de Cedeira poden formalizar a súa inscrición vía email (secretariacmf@gmail.com) ou presencialmente (na Oficina de Turismo da vila ou no establecemento Cedeira Sport, na Avenida de España).
O prazo conclúe o 11 de setembro. Organizada polo Club Montaña Ferrol, esta cita conta coa colaboración do Concello de Cedeira e terá lugar o
próximo 14 de setembro, ás 9,30 horas e punto de partida no Parque do Sagrado Corazón. A cota a aboar para participar é de 14 euros, agás para socios e veciños de Cedeira, que pagarán dez, ou federados, que aboarán oito euros. Neste sentido, a organización conta con igualar ou mellorar o rexistro de participación do ano anterior, cando se deron cita 125 persoas.
O percorrido será de corenta quilómetros e está pensado para maiores de dezaoito anos ou de dezaseis con autorización paterna por escrito. A organización hai habilitado o seguinte blog con información do evento: http:cedeiraape.blogspot.com.es











