Aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas do Pazo dos Deportes “Paco Paz”
O vindeiro luns, 16 de setembro, e ata o día 27 do presente mes, abrirase o prazo de inscrición nas escolas deportivas do Pazo dos Deportes “Paco Paz” da Deputación de Ourense. As modalidades que se ofrecen son as seguintes:
– FUTBOL-SALA: contará con dous niveis. O nivel 1 para nenos e nenas de 5 a 8 anos, luns e mércores. O nivel dous, entre 8 a 14 anos, martes e xoves.
– BAILES: terá catro niveis: de 5 a 8 anos o nivel un, os luns e mércores. O nivel dous, de 9 a 12 anos, os luns e mércores. O nivel tres, de 12 a 14 anos os venres, e o nivel catro para nenos e nenas entre 14 e 18 anos, tamén os venres.
– SICOMOTRICIDADE: martes e xoves, para nenos entre 3 e 6 anos, nunha escola na que os nenos mellorarán, a través do xogo, a coordinación, orientación e flexibilidade.
– BÁSQUET: a iniciación a este deporte terá lugar nunha escola para nenos e nenas de entre 7 e 14 anos, e un programa específico de técnificación para nenos e nenas entre 12 e 17 anos. Esta escola conta coa dirección técnica e monitores do Club Ourense Baloncesto.
– INICIACIÓN Á ACTIVIDADE FÍSICA E DANZA ACROBÁTICA: antes de incorporarse a unha escola específica, os nenos aprenderán nesta escola a familiarizarse co traballo en equipo, a coordinación, flexibilidade…. Terá lugar os martes e xoves para nenos e nenas a partir de 6 anos.
– VOLEIBOL E MINI VOLEI: esta escola que coordina e dirixe a Delgación Ourensá de Voleibol terá lugar os martes e xoves para nenos e nenas entre 6 e 14 anos.
Cómpre lembrar que as prazas son limitadas e que na adxudicación das mesmas terán preferencia os nenos que estiveran xa inscritos a tempada pasada. Asemade, cabe salientar que a cota trimestral de cada escola infantil é de 23,60 euros (tamén poderá aboarse por tempada completa cunha cota de 71 euros). Os interesados terán que achegar unha foto tamaño carné e cumprimentar un cuestionario nas oficinas do Pazo dos Deportes.











