Abel Caballero proxecta cubrir o patio do colexio Castelao de Navia

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Vigo ▼
A-
A+

O goberno de Vigo xa traballa na elaboración do proxecto para cubrir o patio de recreo do colexio Castelao, en Navia. Así o indicou este xoves o alcalde de Vigo, quen explicou que esta obra se trata dunha “antiga reivindicación” dos pais e nais do centro e fixou para outono o remate da mesma. Caballero asegurou que “temos partida orzamentaria” e estimou o coste dos traballos entre 100.000 e 150.000 euros.

O alcalde de Vigo recordou que esta obra, da que gozan “tantos e tantos colexios de Vigo”, é “obriga e competencia da Xunta de Galicia, que desoe unha vez tras outra a lexítima reivindicación que lle facemos desde o Concello e que lle fan os pais e nais dos nenos de Navia, que teñen dereito a ter o patio de recreo cuberto”.

Caballero afirmou que, pese a non atoparse entre as competencias municipais, o Concello de Vigo inicia de modo “inmediato” a tramitación co obxectivo de ter a cuberta dispoñible para o inverno.

12 de setembro de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.