Abel Caballero comprométese a buscar apoios ao vigués campión do mundo junior de trial, Jorge Casales

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Local ► Vigo ▼
A-
A+
O rexedor na reunión co xoven piloto

O rexedor na reunión co xoven piloto

O alcalde de Vigo e o concelleiro de Deportes recibiron este martes na Alcaldía ao campión do mundo de trial junior, aos seus 18 anos, o máis novo da historia en conseguilo. Caballero indicou que o goberno local estudará a forma de cooperar co vigués.

Abel Caballero eloxiou a “capacidade competitiva excepcional” e a “humildade” de Jorge Casales, vigués de 18 anos campión do mundo junior de trial, o máis novo da historia en conseguilo.

O alcalde recordou que Casales obtivo unha bolsa da Fundación VIDE nos anos 2009 e 2011 e apuntou que o goberno de Vigo buscará vías para cooperar con él. Caballero trasladoulle a felicitación e apoio da cidade na súa traxectoria deportiva.

10 de setembro de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.