publicidade hoxe

Abegondo convértese no único Concello galego que recibe financiamento do MEC para a xestión da Aula Mentor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocalLocal Portada
A-
A+

O goberno municipal de Abegondo acaba de recibir a comunicación do Ministerio de Educación informando de que recibirá financiamento para a xestión da súa Aula Mentor de formación. Abegondo é a única entidade galega beneficiaria e figura entre as 30 institucións de España que mereceron esta subvención.

Con ela, poderá manter esta aula de formación aberta e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación. O Ministerio reservou unha partida de 120.000 euros para este fin, repartindo 4.014 euros a cada unha das 30 entidades beneficiarias.
Aula Mentor ofrece ata un total de 120 cursos online. Con eles, o Concello de Abegondo complementa as diferentes actividades educativas que oferta na súa programación anual.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, explica que con este financiamento obtido os veciños contarán na Casa do Concello con “un administrador que asesora, orienta, informa e tramita a matrícula a todas as persoas interesadas”. O rexedor sinala que este sistema constitúe “unha alternativa formativa para aqueles veciños que non ten oportunidade de asistir a modalidades presenciales”.
Ademés, outra vantaxe de Aula Mentor é a súa “flexibilidad”, polo que o ritmo de aprendizaxe e dedicación non se atopan suxeitos nin a horarios nin a prazos de ningún tipo.

A oferta formativa se estrutura en cursos en permanente actualización, organizados en ámbitos formativos. Os veciños de Abegondo poden atopar a oferta no folleto actividades municipais.

Pódense atopar desde cursos de iniciación á informática, ofimática, internet, ou programación, ata cursos de idiomas, deseño, xestión de recursos humanos, administración de pymes e un longo etcétera. Ao finalizar cada acción, superada a proba final, o alumno obtén un certificado de aprovechamiento emitido polo ministerio.

27 de setembro de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.