publicidade hoxe

Abegondo acolle a II Semana de Custodia do Territorio cunha mostra do ilustrador Carlos Silvar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoCalendarioLocal
A-
A+

O Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” e a Fundación Fragas do Mandeo continúan coas actividades programadas dentro da II Semana de Custodia do Territorio. A planta alta do Edificio LICEO de BETANZOS acolle desde este xoves, 26 de setembro, unha exposición do ilustrador CARLOS SILVAR.

O traballo do autor resulta sobradamente coñecido grazas a súa publicación en numerosos libros e guías da natureza galega. Nesta exposición temos a ocasión de ver orixinais destas obras así como outras creacións menos difundidas deste artista.

A inauguración terá lugar o xoves ás 19 horas, para a continuación dar paso á conferencia de ANTONIO SANDOVAL, “Para qué serven as aves?” ás 20.30 horas. No mesmo acto, a librería Carricanta, de Betanzos, poñerá á venda exemplares das obras de ambos autores.

DATA EXPOSICIÓN: 26/09/2013 ao 10/10/2013

HORARIO:
luns a venres: 19 a 21 horas.
sábados e domingos: 12 a 14 horas.

24 de setembro de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.