A Xunta Local de Marín adxudica por 90.000 euros a obra de rehabilitación do Lavadoiro de Troncosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMarín
A-
A+

A Xunta de Goberno Local adxudicou a obra de Rehabilitación do Lavadoiro de Troncosa e o seu ámbito.

Para a execución desta obra disponse dun Presuposto de máis de 90.000 € que se financia maioritariamente con Fondos Agadez.

A execución da obra foi adxudicada á empresa Ediserpo que será a encargada de realizar os traballos que consisten principalmente en tratar de mellorar a erosión da canle do río Troncosa ao seu paso por Santo Tomé de Piñeiro que fai necesario actuar nas súas marxes co fin de evitar o risco de derrubamento do vial municipal.

Preténdese aproveitar nesta actuación e arranxar as antigas pozas acondicionando este espazo.

Acondiciónase unha zona ambientalmente degradada e evítase poñer en risco a comunicación viaria desta zona.

Construirase un dique nunha zona de servidume de dominio público hidráulico construíndose con xunta aberta e pedras redondeadas por debaixo da cota de leito da canle co fin de garantir un axeitado comportamento fronte á erosión.

Mellorarase a rede de abastecemento existente na zona dotando dunha canalización de 110 mm para a subministración ao lavadoiro e outra para o rego existente, conectado ás pozas, que se queren recuperar.

As obras iniciaranse nos próximos días.

9 de setembro de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.