A Xunta Local de Lugo declara en ruína 7 inmobles co fin de mellorar a estética da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugo
A-
A+

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu conta esta mañá dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local. Deles destacou a aprobación de declaración de rúina técnica e urbanística a sete edificiacións situadas en diversas zonas da cidade e que presentan un mal estado de conservación tanto nas fachadas, nas estruturas, cubertas ou carpintería, e nalgún caso xa carecen de ditos elementos.

Os inmobles declarados en ruína son tres no Carril dos Fornos, dous na rúa San Xillao, un na rúa Santiago e outro na rúa Xulia Minguillón, e en todos os casos, o Concello ordena aos propietarios a presentar no prazo máximo de 3 meses un proxecto técnico de demolición de todos eles.

O Voceiro do Goberno sinalou a importancia de manter as edificacións en bo estado tanto para a seguridade dos veciños e veciñas como para crear unha boa imaxe da cidade xa que moitos de estes edificios afean as rúas.

Os outros asuntos tratados na Xunta de Goberno Local foron relativos á tramitación administrativa ordinaria de licenzas de obras e liquidación de taxas.

18 de setembro de 2013 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.