A Xunta Local aproba o estudo de detalle da escola infantil da Sardiñeira

Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno Local aprobou de xeito inicial o estudo de detalle da futura escola infantil da Sardiñeira, o que permite ordenar os volumes e fixar as condicións estéticas do edificio, baseadas na accesibilidade e a dotación do maior número de espazos verdes. Na sesión celebrada esta mañá, o Concello tamén deu o visto e prace á contratación das fases II e III do programa de renovación de firmes. A Concellaría de Infraestruturas investirá máis de 3 millóns de euros en mellorar o pavimento de máis de 123.000 metros cadrados en diferentes barrios da cidade.
ESCOLA INFANTIL
O Concello deu un paso máis na construción da escola infantil da Sardiñeira, incluída dentro do Plan Educa e dentro da colaboración do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e do Goberno local. Así, a Xunta de Goberno aprobou inicialmente o estudo de detalle para ordenar os volumes e fixar as condicións estéticas do futuro equipamento educativo, que se situará nunha parcela de 2.480 metros cadrados xunto ao instituto da Sardiñeira.
O proxecto final consistirá nunha plataforma única similar á das pistas polideportivas lindantes, cunha altura máxima de 7 metros. Con esta solución, os técnicos queren favorecer a mobilidade no interior do inmoble e evitar barreiras arquitectónicas, ademais de apostar por aproveitar os espazos vacantes na edificación para resolver as necesidades de acceso peonil e destinalos a espazos axardinados.
O Goberno local demostra así o seu compromiso coa educación pública e axiliza a tramitación administrativa deste expediente que permitirá construír esta nova escola infantil e atender a demanda da Sardiñeira e Os Mallos de contar con novos equipamentos educativos e de calidade.
O voceiro do Concello, Julio Flores, recordou que o expediente aprobado hoxe supón un avance significativo no proxecto e unha mostra máis do compromiso municipal coa educación. A escola infantil da Sardiñeira-Os Mallos súmase a outras dúas que xa están programadas para esta lexislatura: na Grela e no Agra do Orzán. Neste último caso, o Concello sacou a concurso en agosto a construción da escola infantil que se levantará na parcela do CEIP Raquel Camacho: un total de 6 aulas para 94 alumnos e un investimento de 1.036.933 euros financiado a través dos fondos europeos do Plan Urbana C.
“Cando remate este mandato, os coruñeses contaremos con tres novas escolas infantís municipais. Nos 28 anos de gobernos socialistas construíronse sete, é dicir, unha por mandato”, concluíu o voceiro do Goberno municipal.
INFRAESTRUTURAS
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá dous novas fases do proxecto de renovación e rehabilitación de firmes de rúas. O Concello reserva, a través da área de Infraestructuras, un investimento que supera os 3 millóns de euros para as fases II e III deste plan que busca emendar os danos detectados polos técnicos municipais no pavimento de 12 vías públicas da cidade. Deste xeito, entre a primeira fase do proxecto -que chegou a 38 rúas- e estas dúas novas fases, o Executivo municipal investirá preto de 3,5 millóns de euros.
O investimento acordado na sesión de hoxe vai acompañado da autorización para licitar as fases II e III mediante procedemento aberto, o que outorga maior transparencia á xestión administrativa e igualdade de oportunidades ás empresas que estean interesadas en participar neste concurso. Unha vez os técnicos municipais determinaron a necesidade de corrixir as deficiencias actuais e garantir que os usuarios conten con boas condicións de condución en canto a seguridade e comodidade, repararanse un total de 123.323 metros cadrados de pavimento.
Flores detallou que a segunda fase do proxecto de rehabilitación de firmes, presupostado en 1.641.632,95 euros, alcanzará os 55.770 metros cadrados, repartidos en 6 rúas con gran volume de tráfico na zona do Agra del Orzán, Matogrande, Eirís e Barrio das Flores:
. Gregorio Hernández.
. Rolda de Nelle, ata o cruzamento coa glorieta de rolda de Nelle.
. Avenida de San Cristóbal, dende a rotonda de Matogrande ata a pasarela peonil A Rosa.
. Rolda Camilo José Cela e un tramo do carril do cruzamento con avenida Salvador de Madariaga ata avenida de Monelos.
. Avenida de Monelos, dende a rotonda de intersección con Salvador de Madariaga ata a glorieta con Camilo José Cela.
No caso da fase III do proxecto, cun presuposto de licitación de 1.394.392,53 euros, o voceiro do Goberno municipal destacou que as obras permitirá substituír o firme doutras 6 vías públicas de diferentes barrios (Os Rosales, Riazor, Sagrada Familia-Os Mallos-A Sardiñeira, Monelos e Feáns). En total, serán 67.553 metros cadrados:
. Estrada dos Fortes.
. Cale Almirante Lángara.
. Avenida de Arteixo, dende o cruzamento coa rolda de Nelle ata a glorieta Eduardo Diz López, á altura do cruzamento coa vía do tren.
. Rúa Cabaleiros.
. Rúa Obradoiro.
. Estrada do cemiterio de Feáns.
Flores detallou que a maioría das actuacións se realizarán en 2014 e principios de 2015: “Dende o ano 2000 non se realizou un plan intensivo de rehabilitación de firmes na cidade. Deixáronnos a materia de mantemento de espazos públicos pendente de aprobar. Por desgracia, prestouse pouca ou ningunha atención no pasado e agora toca tomarse en serio esta materia”. Así, os proxectos novos incluirán a demolición do pavimento existente e a retirada dos entullos a un vertedoiro autorizado, a construción do novo pavimento, a colocación de todos aqueles elementos que fose necesario levantar (aros suxeita-colectores, bandas sonoras, bordos, sumidoiros ou redutores de velocidade) e o repintado da sinalización horizontal.
DEPORTE BASE
O Concello mantén o seu compromiso coa promoción e fomento do deporte base a través dunha nova subvención de 120.000 euros para entidades e colectivos que fomenten a práctica da actividade deportiva. A Xunta de Goberno autorizou este investimento e aprobou a convocatoria pública destas axudas para o ano 2013.
O voceiro municipal sinalou que esta convocatoria pública de subvencións se enmarca dentro dos presupostos de 2013, onde se destinan máis de 2,35 millóns de euros ao deporte base: “Ademais desta subvención de 120.000 euros, nos presupostos do goberno de Carlos Negreira invístense 634.000 euros para a firma de convenios para a promoción da actividade deportiva, outros 475.000 euros para a organización de competicións dirixidas sobre todo aos máis novos, e máis de 1,12 millóns de euros para mellorar e ampliar as instalacións deportivas,”.
LICENZAS URBANÍSTICAS
Xullo Flores informou tamén da concesión de licenzas urbanísticas que supoñerán un investimento na cidade de 284.629 euros, o que eleva a cantidade dende o inicio do mandato ata os 258,5 millóns (só en 2013, o investimento supera os 83,5 millóns de euros). Entre os expedientes tramitados, encóntranse as autorizacións para a instalación de tres ascensores nas rúas Archer Milton Huntington, José Careaga e Fonte Chopo.











