A Xornada do Folclore compostelá contará coa actuación de Ultreia, Brincadeira, Colexiata de Sar e Cantigas e Agarimos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSantiago de Compostela
A-
A+

Con esta Xornada do Folclore pecharase o calendario de concertos fixados para a primeira semana de setembro, uníndose aos de Raphael, Soraya, xa celebrados, e Primal Scream previsto para a noite deste venres, todos eles na praza da Quintana.

Unha tradición de máis de 30 anos

Dificilmente se poderían entender as Festas do Apóstolo sen as Xornadas de Folclore Galego. Durante máis de 30 anos foron referente para todos os grupos de danza e música tradicional de Galicia. Nos seus inicios, cando comezaron como concurso de baile, vivíronse xornadas de gran rivalidade, pois estas datas estaban especialmente sinaladas no calendario de todos os grupos de música e danza tradicional. Ademais, o desfile dende a Alameda ateigaba as rúas do casco histórico e posteriormente a praza da Quintana.

Hoxe en día, este evento segue sendo parte fundamental das Festas, aínda que nun formato máis tranquilo, pero non menos atractivo. Para todos os grupos segue sendo un orgullo actuar na praza da Quintana. É por iso que dende a Concellería de Festas se aposta por conservar esta xornada, patrimonio de todos os composteláns e de todos os que algún día participaron neste día.

6 de setembro de 2013 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.