A web redeaxuda.com colga no seu portal o excedente do Banco de libros de texto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social Municipal continúa a xestionar o Banco de libros de texto, que se coordina a través de Redeaxuda.com, para todas aquelas familias que precisen solicitar os libros para o vindeiro curso.

Dende a Concellaría lémbrase que existe un excedente importante de libros de primaria que se atopa colgado no web redeaxuda.com. Todas as familias que queiran solicitar libros para este curso que comeza agora, poden consultar os excedentes dos distintos centros e solicitalos na Casazul en horario de mañá.

Por outro lado, solicita a colaboración das familias con alumnos que o pasado ano cursaron primeiro ou segundo de Bacharelato para que fagan donacións ao Banco de libros, especialmente dos alumnos que cambian de ensino e pasan á Universidade. Existe unha importante demanda deste tipo de manuais pero son os máis escasos no Banco de libros.

2 de setembro de 2013 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.