A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas e de obras visita A Laracha
A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas e de obras estará na Laracha nesta semana, en concreto o xoves 19 (de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00) e o venres 20 (de 9.00 a 13.30).
O lugar no que se instalará será a rúa Manuel Murguía da capital municipal, concretamente na explanada xunto ao IES Agra de Leborís e a biblioteca.
As persoas interesadas poden reservar cita previa por internet accedendo á web www.sycitv.com ou chamando ao teléfono 902 309 000.
A unidade móbil de ciclomotores, o 17 de outubro
Tamén visitará o Concello da Laracha, en próximas datas, a unidade móbil para a realización das inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores -de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade-, motos e quads –de máis de catro anos de antigüidade-.
Será o día 17 de outubro en horario de 9.00 a 13.30 horas.
Neste caso non é preciso reservar cita previamente.











