A temporada nas praias péchase sen incidencias destacables
O servizo socorrismo e vixilancia de praias dou por pecahada a temporada de baño nos areais de Vilagarcía, Bamio e Vilaxoán sen incidencias destacables. Das 171 intervencións realizadas nas tres praias, ningunha foi de gravidade, centrándose a meirande parte na realización de curas e atencións sanitarias leves. Para chegar a estes positivos resultados foron determinantes o axeitado dimensionamento do servizo, tanto en medios humanos como materias, e as labores de prevención e información realizada polo persoal.
O servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias fixo pública a memoria do Servizo de Vixilancia e Socorrismo desenvolvido nos areais da Concha-Compostela. Preguntoiro e Campanario-Bamio, dende o 5 de xullo e o 19 de setembro.
Segundo o informe, das 171 intervencións realizadas nestes dous meses e medio, 113 correspóndense con atencións sanitarias e cura de feridas, picaduras, contusións, cortes, queimaduras solares, insolacións ou desvanecementos. Pese a ser a principal causa das actuacións dos socorristas, o número de atencións sanitarias reduciuse este ano en relación a temporadas anteriores, circunstancia que o servizo atribúe á limpeza diaria coas máquinas que peneiras a area e reducen tanto u número de cunchas como de obxectos cortantes que poida haber na area. Tamén incidiu na diminución de curas a práctica ausencia de medusas e de fanecas nas zonas de baño.
O único que compre destacar neste apartado foi unha atención por hidrocución e dous cortes producidos polo golpe dun parasol que levou o vento.
Un dato moi positivo e que este verán non foi preciso realizar ningún salvamento de persoas en risco de afogamento e so houbo unha actuación de auxilio e axuda. Neste apartado inclúense a asistencia a persoas que sen atoparse en risco de afogar, solicitan axuda dos socorristas por cansancio, calambres ou outros motivos. Neste caso concreto, tratouse da atención prestada a unha mariscadora cun posible ataque de ciática ou lumbalxia e que non se podía mover, polo que foi trasladada dende a zona de marisqueo ata o areal e posteriormente deriva en ambulancia ao centro sanitario.
Na memoria do servizo de socorrismo apúntase que a ausencia de rescate de persoas en risco de afogar, ben dada en gran medida por dous factores principais: que as praias de Vilagarcía non son perigosas e tamén pola intensa labor de información e prevención que prestaron os vixilantes e socorristas co obxectivo de concienciar aos bañistas de que tomen as precaucións necesarias para gozar da praia sen correr riscos. Precisamente, o persoal do servizo realizou 23 intervencións de control de bañistas, relativas a dar avisos a aquelas persoas que se considera que están correndo algún risco. Cómpre salientar as advertencias realizadas aos practicantes de kite surf na praia do Campanario-Bamio, para que respectase a zona de baño e aos bañistas para evitar perigos.
O servizo de socorrismo tamén realizou este verán a busca de 3 nenos que debido á amplitude do areal da Concha-Compostela e a multitude de xente que acode a este areal, ao se despistaran dos seus familiares.
O informe do servizo péchase cunha saída de auxilio a embarcacións na zona das Sinas requirida polo 112 e na que finalmente non foi preciso intervir; coa retirada dunha medusa; a realización dun simulacro, coa cobertura en 8 operativos marítimos e con 2 coberturas de torneos e xornadas lúdicas.
11 socorristas reforzados con voluntarios
O Concello apostou este ano de xeito especial na seguridade e servizos nas praias, de aí que por primeira vez se prestara servizo de socorrismo nos tres areais da cidade, tanto no de Bamio, que xa tiña que contar con el por estar galardoado coa Bandeira Azul, como nos de Preguntorio e Concha e Compostela que, aínda sen estar obrigados, considerouse oportuno debido á afluencia de bañistas que rexistran.
Para a prestación do servizo de vixilancia e salvamento nas praias, o Concello contou este ano con 11 socorristas contratados os dous meses e medio, aos que se sumaron efectivos do servizo de Protección Civil e Emerxencias e o reforzo puntual de un socorrista máis e de voluntarios da agrupación.
Unha completa dotación de medios materiais
Cada unha das praias dispuxo do seu punto de socorrismo dotado con material específico. En Vilaxoán e Bamio as casetas contiñan botiquín, padiolas, equipos de osixenoterapia e todo o material preciso para a realización de primeiros auxilios). Os postos contaban con vestiario para os socorristas e almacéns. Contaban cunha torre de vixilancia e material completo de rescate e vixilancia (aletas, boias, floppis, emisoras, prismáticos…)
A praia da Concha Compostela, debido a súa extensión, contou, como de costume, con máis medios para unha correcta prestación do servizo. Ademais de dispor de todo o existente no Preguntoiro e Campanario, utilizou dúas torres máis de vixilancia (un total de tres) para abarcar o arean en toda a súa lonxitude, 1 embarcación pneumática e un quad para facilitar os desprazamentos distantes tanto por mar como por terra.
Conclusións
Entre as conclusións apuntadas no informe polo Servizo de Protección Civil e Emerxencias sobre a prestación do socorrismo nas praias, destácase a profesionalidade do persoal, a coñecemento do terreo e a experiencia que tiñan, a excelente colaboración coa Policía Local e Nacional, e a importante labor de prevención realizada. Neste aspecto, faise especial fincapé en que “o mellor salvamento é o que non hai que realizar” e que de ser preciso unha intervención, esta se detecte e atenda coa maior rapidez.











