A taekwondista Sabela López cae na fase preliminar no punto de ouro contra a representante rusa

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

A taekwondista galega Sabela López Riobo (+68, Patiño) non puido cumplir os seus soños no Campionato de Europa Xúnior que se está a celebrar en Vila Nova de Gaia (Portugal). A deportista galega caeu contra a rusa Karina Zhdanova nun disputado combate que se tivo que decidir no punto de ouro ao rematar os tres asaltos empatadas (0-0).

Era o primeiro choque de Sabela, que ía con moitas ilusións a este torneo, despois de varias semanas de concentración coa selección española en Madrid. Este torneo reúne a máis de catrocentos deportistas nados entre o 1 de xaneiro do 1996 e o 31 de decembro do 1998 pertencentes a 45 países.

Sabela non é a única galega presente no Europeo. Agora queda pendente a actuación de Xian Silva (-73 quilogramos, Mace Sport) que competirá o próximo sábado.

25 de setembro de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.