publicidade hoxe

A Taberna converteuse de novo nun gran éxito de participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+
Unha das actuacións

Unha das actuacións

O pasado sábado 31 de agosto a Asociación Cultural Saiñas de Xove celebrou o seu XXXº festival, para esta ocasión púxose en escea o espectáculo de música e baile tradicional galego que levou por nome “A TABERNA”, no cal se amosaron os bailes e cantos que se facían nas nosas antigas tabernas.

O pavillón de Xove quedouse pequeno, xa que arredor das 800 cadeiras colocadas foron insuficientes para acomodar a tódolos espectadores que disfrutaron en grande deste espectáculo durante unha  hora e media.

Dende a Asociación Cultural Saiñas queremos dar as gracias en primeiro lugar os mestres da asociación (baile, pandeireta, canto e percusión), a tódolos socios que participaron neste espectáculo e cómo non o Concello de Xove, a través da súa concellería de cultura.

6 de setembro de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.