A rehabilitación sufrida polos cascos históricos de Vigo móstranse nunha exposición

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Abel Caballero na visita á mostra

Abel Caballero na visita á mostra

Esta mostra conta con tres módulos expositivos e estará situada na Alameda Suárez Llanos de Bouzas por un periodo aproximado dun mes. Visitada este venres polo alcalde de Vigo, a exposición amosa a rehabilitación e urbanización das zonas históricas da cidade, singularmente a da antiga vila de Bouzas.

A mostra estivo presente en Príncipe “para pór en relieve a recuperación do casco histórico”, calificada por Caballero de “singularmente notable” en Bouzas, onde existe “unha parte importante” de iniciativa privada. O alcalde avanzou a humanización de Tomás Alonso e Herreros, xunto á adquisición da Casa Patín, “lugar moi importante na tradición de Bouzas que queremos realizar desde o ámbito público”.

6 de setembro de 2013 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.